Entradas

XORNADA NA BIBLIOCRA: Formación de usuarios, PLANEA, CRAcreando e moito máis 📚🦘📦🤖✍️

Imagen
Hoxe vivimos unha bonita xornada de encontro entre o alumnado das escolas de Figueirido e Bértola na nosa BiblioCRA .  Comezamos a mañá cunha pequena sesión de formación de usuarios da biblioteca , na que lembramos como funciona este espazo tan importante do noso cole. Fixemos especial fincapé no uso do marcador do lugar dos contos, unha ferramenta que axuda ao alumnado a saber onde colleron o libro e onde deben devolvelo. A través da lectura do conto “¿Me ayudas, robotito?”  guiamos as diferentes propostas que realizamos ao longo da xornada nos espazos da BiblioCRA, organizados en diferentes grupos mesturados:  PLANEA: Sesión 5  Na zona da biblioteca realizamos unha nova sesión de PLANEA, na que introducimos por primeira vez o uso do rotulador.  Empezamos cun momento de quecemento que deu paso ao xogo das cubricións , que aproveitamos para coñecernos e que o alumnado interactuase máis co alumnado da Escola de Bertola.  Despois, pasamos a parte dos ...

PLANEA: Sesión 4 📦 ✏️

Imagen
  E ti, que cubrirías? Nesta cuarta sesión do proxecto volvemos poñer a mirada na obra dos artistas Christo e Jeanne-Claude , lembrando como transformaban espazos e obxectos cotiáns a través das súas grandes cubricións. Comezamos a proposta no patio da escola , presentando unha pequena maqueta que representaba o noso propio patio. Nun primeiro momento non desvelamos de que se trataba, polo que os nenos e nenas comezaron a observar, comentar e facer hipóteses sobre o que podía ser. Pouco a pouco foron recoñecendo elementos e descubrindo que aquela maqueta representaba a súa escola e o espazo no que xogan cada día. Entre todos fomos completándoa e incorporando os detalles que faltaban. A partir de aquí lanzamos a pregunta que guiou toda a sesión: “E ti, que cubrirías?” Comezou entón un diálogo cheo de ideas e propostas. Tras pensar nas diferentes posibilidades do noso patio, decidimos realizar a nosa propia  gran cubrición : cubrir  un dos tobogáns . A cubrición realizou...