CRAvivencia na Escola de Pousada: PLANEA Sesión 6, personaxe de conto e moita diversión 🌿
Hoxe desfrutamos dunha xornada de convivencia na Escola de Pousada donde realizamos unha chea de propostas man a man cos compañeiros e compañeiras desta escoliña. SESIÓN 6 PLANEA O motivo da xuntanza era recibir a Sandra e Eloisa , artistas que desenvolveron o proxecto “ PLANEA: Lápis, obxectos e cubricións“ e que se achegaron a Vilaboa para ver como se estaba desenvolvendo no CRA e realizar unha sesión cos nenos e nenas. Realizamos dous grupos por idades e realizamos o proceso coma estuvemos a desenvolver as sesións anteriores. PERSONAXE DE CONTO Mentres uns compis desenvolvian a sesión do PLANEA, outros levabamos a cabo a dinámica do personaxe desenvolvian conto que realizamos na escola cada semana, onde a partir da lectura do conto imos describindo ao personaxe principal para despois realizar o seu debuxo. Hoxe escollimos a lectura de “O fío” , moi ligada ao proxecto deste curso e que completamos cunha proposta de costura. MERENDA COMPARTIDA Ademais aprovei...