RobotriCRA creativo 🤖
Retomamos o obradoiro de robotiCRA con moitas ganas!
Seguimos coñecendo a True-True, o noso robot máis invernal, programándoo para que se dea un paseo polas letras dos nosos nomes. Escribimos, encendemos e colocamos a tarxeta co comando de seguir a liña para que percorra as grafías. Pero algunhas atascanselle!
Despois, xogando cun dos libros que nos chegou na bolsa brincacontos, convertemos as nosas iniciais en criaturas marabillosas grazas á nosa super imaxinación ✨️



























Comentarios
Publicar un comentario