Robobusca do tesouro 🤖🎨👨🎨
Esta semana por fin bautizamos ao noso roboamigo, e para celebralo Plumitas trouxonos un reto súper difícil en forma de busca do tesouro.
Coas tarxetas tiñamos que averiguar ata onde chegaría... nun panel baleiro!
Despois comprobábamos co Plumitas real se estábamos no certo introducindo o comando que nos marcou.
Como somos roboexpert@s fixémolo xenial! E resulta que en cada tarxeta viña unha pista sobre o lugar no que debíamos buscar 🔎
Fomos atopando pezas dun puzzle...
E cando o completamos resultou ser un cadro de Picasso, así que levamos a Plumitas ata o código QR e utilizamos a tablet para vela sorpresa escondida.















Comentarios
Publicar un comentario