PAZHAM PORI 🍌🇮🇳
Hoxe na Escola de Barciela gozamos dunha mañá moi especial grazas á profe Rosalía coa axuda de Ajzal , o noso auxiliar de conversa de Kerala, India. Xuntos cociñamos Pazham Pori , un doce tradicional feito con plátano macho 🍌, cúrcuma, fariña de trigo e de arroz, cun toque de azucre e sal. Dentro do noso programa Plurinfantil, seguimos descubrindo o mundo a través dos sabores, das linguas e das persoas que nos acompañan. Unha experiencia deliciosa… e moi doce! ✨